O EXTRUGASA PERDE EN CUNTIS POR 1 PUNTO: 59 ?? 58, SEN 4 DOS TITULARES, CON OPCIONS DE GA?AR ATA O ULTIMO SEGUNDO
CAFETRIA DON MANUEL ?? CUNTIS = 59
EXTRUGASA RIO ULLA = 58
Gulli (9), Pedrito (10), Diego (3), Victor (-), Pedro (10), Santi (9), Juanjo (5), e Pepi (12). O do Extrugasa esta semana foi mala sorte. Á baixa de Felipe (por traballo), uniuse a de Pino (motivos personais levaronno a Madrid), e Nacho que non se recuperou dunha lesion nun dedo. E para rematala o venres Peñaño que se torce un nocello no adestramento. Polo que fomos a Cuntis moi mermados de efectivos, pero pensando en loitar e de non conseguir a victoria, salvar polo menos o average. O que son as cousas, ca mentalidade de todo o equipo onte, poucos equipos nos ian a gañar a pesar de todo. Mención especial para a ??dobre P? (Pedro e Pedrito), hai 6 anos profesor e alumno, e hoxe compañeiros de equipo: ambos con 10 puntos cada un, diron moito xogo exterior ó equipo. Pedro ca súa garra e pundonor de sempre, non parecia que viñera de estar parado 2 meses. Pedrito anotando co descaro que dan os 18 anos.
Con este panorama de baixas, o Extrugasa empezou con Gulli de base, Diego a defender ó base Diego de Cuntis; Pedrito no aleiro e Santi e Pepi collendo ós pivots locais, pois coma pivot reserva só quedaba Juanjo no banco. Defensa individual todo o encontro que funcionou dende o inicio: Santi e Pepi podian cos seus pares nas 2 zonas, e Diego axfisiaba moi ben ó base local. En ataque se movia ben a pelota: así as 2 primeiras canastras (2 ?? 4) eran interiores, logo unha exterior de Pedrito (detalle 1: tripla que non foi por centimetros) e logo Diego si anota unha tripla. No minuto 5 o marcador estaba 5 ?? 9. Os locais que apretan e se achegan no marcador (detalle 2: Pardal nos anota 2 triplas seguidas sen fallo). Remata o cuarto 16 ?? 15 para os locais. Iniciase o 2º cuarto e o Extrugasa segue movendo ben polo que consigue manter o resultado igualado (min 15: 20 ?? 20). Gulli tese que ir ó banco e o equipo o nota en ataque. Deixa de mover con fluidez, tirase moi rápido e precipitado e Cuntis vaise: dun 29 ?? 26, pásase a un 35 ?? 26. 11 puntos de diferencia ó descanso que facian peligrar incluso o average (13 puntos).
Empeza a 2ª metade e Cuntis que se ve incapaz de superar a nosa defensa, mentras que Gulli, con 7 tantos e Pedro con 5 anotan dende posicións exteriores para empatar no minuto 26 a 40. Logo Pedrito e Juanjo con 5 tantos seguidos ponnos de novo diante 44 ?? 45, e o partido que entra nunha fase de igualdade ata o final do cuarto: empate a 48. Abrese o derradeiro cuarto cunha nova tripla de Pedrito e outra canastra de Juanjo, e Extrugasa que se vai de 4: 49 ?? 53 no minuto 33. Pero ahí dase outro detalle, os arbitros aplican un criterio especial á hora de valorar a defensa sobre o base local Diego, e este anota varios tiros libres de faltas moi rigurosas. Cuntis pegalle a volta ó partido, poñéndose 57 ?? 54. Juanjo que falla neses momentos 2 canastras debaixo e se lle escapan 2 balons. Pepi que o sustitue e anota 2 tiros libres 57 ?? 56. Logo 5ª falta de pepi nun rebote no que o unico que fai é coller o balón. 2 tiros libres para eles que meten 59 ?? 56 con 30 segundos. Extrugasa que move e busca canastra de 2 que anota Santi. Defensa forte con 11 segundos e Diego recupera na nosa zona quedando 5 segundos: pásalla a Pedrito que da 2 botes acercase a 7 metros e sobre bocina falla o tiro que, de anotar daría a victoria, e calquera o aturaba despois. 1 victoria nos 4 encontros que quedan e o equipo que se clasifica matematicamente de 1º para a final a 4.
2 comentarios
cachote · 27-04-2008 a las 13:46
Haberia q valorar q seria mellor, q a metera ou q a fallara… si a mete pois seria a culminacion do bo partido q fixo pedrito, e aparte seria un toque de atencion para Peñaño, para q se espabile q o «juvenil» ven pisando fuerte. Bueno, ante todo o primeiro é q peñaño se recupere e aver si colle unha racha boa sin lesions, q parece q este ano non esta tendo moita sorte nese tema.
fru · 27-04-2008 a las 13:49
Tal e coma o plantexas parece unha nova version de «El rey león» 😉
Foi unha lastima que a fallase, pois o partido foi moi ben xogado por parte súa e do resto dos integrantes que onte poideron xogar. peñaño se non é para a semán, para a outra podería xogar, se non se comprica o esquince.