BALONCESTO: O EXTRUGASA VENCE ESTA MA?Á EN PONTECESURES NUN PARTIDO MOI COMODO: 82 ?? 34
EXTRUGASA RIO ULLA = 82
Gulli (8), Peñaño (15), Diego (6), Victor (5), Pino (9), Pedro (3), Nacho (6), Santi (17), e Pepi (5).
LICEO CASIO DE PONTEVEDRA = 34
Victoria moi facil ante un equipo que se presentou con 6 xogadores, e perdeu no descanso a un por lesión. Os cesureños plantexaron o partido para rotar a todos os seus xogadores e así foi. A defensa individual superou ós de Pontevedra en toda a 1ª parte. De inicio foi Santi no poste baixo quen resolveu no ataque (10 puntos neste cuarto), con boas asistencias de Pepi. Os 5 minutos o parcial era de 9 ?? 2, e ca sensación de que non se aproveitaba esa boa defensa. E así foi: do minuto 6 ó 10 a defensa roubaba e sacaba bos contrataques, e senón movíase con moito orden o balón contra a zona 2-3 visitante, o que daba opcións de bos tiros de 3 puntos. Gulli con 2 e unha ultima de Santi deixaron o marcador nun 23 ?? 6.
Saiu Peñaño a dirixir ó equipo no 2º cuarto e rapidamente tomou o mando do mesmo: con 3 triplas, balons roubados e asistencias (13 puntos en 5 minutos) foise o partido no minuto 15 ate un 42 ?? 8 o quue fala da enorme diferencia de xogo entre ambos equipos. Ademais nestes minutos finais xa tiñan xogado todos os xogadores dispoñibles. Diego, Cachote e Santi con unha tripla cada un seguiron anotando en pleno recital dos lanzadores, indose o partido ó descanso a un 55 ?? 12.
A 2ª parte pouca historia tivo: Os de Pontevedra eran 5 no campo e o Extrugasa o tomou mais relaxado. Así se perderon mais balóns e non se defendeu tanto, e so Juanjo resolvia no inicio con 6 puntos seguidos: polo que no minuto 25 o marcador estaba en 61 ?? 24, pois os de Pontevedra cargaban mais o xogo en accions de 1contra 1 no poste baixo xa que Cesures tiña 3 pequenos en pista. Nese momento o adestrador local puxo ó seu equipo nunca zona 3 ?? 2 e acabaronse eses ??1 contra 1?. ? final do cuarto chegouse 67 ?? 26.
E no ultimo cuarto o partido foi similar: control do rebote defensivo, de novo Santi e Diego anotaron de 3 e as diferencias que se amplian ata o 72?? 32. Dende ahí ata o final un novo parcial de 10 ?? 2, e remata o encontro: 82 ?? 34.
0 comentarios