Mañá día 21 de maio, 1ª sesión de iniciación ao piragüismo para o alumnado de 2º da ESO.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

O alumnado de 2º de ESO do CPI Pontecesures vai realizar no mes de maio dúas sesións de iniciación ao piragüismo en colaboración co Club Náutico de Pontecesures, segundo figura na nota feita pública polo centro.

Os obxectivos son os seguintes:

-Coñecer a técnica do deporte do piragüismo.
-Desenvolver actitudes de colaboración e respecto.
-Participar de forma natural, activa e consciente en dito deporte.
-Coñecer e respectar o entorno natural no que se practica.

Os horarios serán os seguintes:

-Mércores, 21 de maio de 11:00 a 13:00 horas.
-Mércores, 28 de maio de 11:00 a 13:00 horas.

Equipamento básico recomendado:

-Bañador e pantalón curto.
-Sandalias de piscina ou chanclas.
-Camiseta de manga curta ou longa.
-Toalla e material de aseo e ducha.

Para participar nesta actividade é IMPRESCINDIBLE SABER NADAR.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.