Aviso da Policía Local para a festividade de Corpus en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Comunícase a tódolos veciños, que maña domingo día 25 de maio “Festividade de Corpus”, a rúa San Lois será pechada ó tráfico e igualmente prohibirase o estacionamento, a partir das 8 horas da mañá ata ás 21 horas no tramo comprendido dende o Bar Mambís ata a Plazuela, debido a que neste tramo serán confeccionadas as tradicionais alfombras florais.
Igualmente estará prohibido o estacionamento nas rúas Ullán, Patifas e Travesía do Muelle, se ben estarán abertas á circulación debido a reorganización provisional do tráfico urbano dende as 9 ata as 21 horas.
Prégase o puntual cumprimento deste aviso para evitar que a Policía Local se vexa na necesidade de proceder á retirada de vehículos mediante grúa.

Grazas pola colaboración e desculpen as molestias.

A POLICÍA LOCAL DE PONTECESURES.

Categorías: Concello

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.