Presentación da xunta directiva da ANPA á asemblea de pais. Festa de remate de curso.
Coa asistencia dunhas 20 persoas celebrouse na biblioteca do colexio, a primeira asemblea coa nova Xunta Directiva da ANPA do CPI Pontecesures.
Anunciaronse os cargos da nova directiva:
-Presidenta: Yolanda Vieites Dos Santos
-Vicepresidenta: Mª Isabel Rey García
-Secretaria: Manuela Barreiro Castro.
-Tesoureira: Rita Mª Lafuente Lestón
-Vocais: Luz Angueira Eiras, Dolores Agrasar de Villanueva e Mónica Esperón García.
Fundamentalmente informouse da festa de remate de curso que se celebrará o luns día 23 de xuño a partir das 16:00 horas no patio do colexio. Haberá inchables, touro mecánico, karts, etc.. e unha merenda para os nenos sobre ás 18:00 horas. Actuará «El Show de los Payasos» e rematara a xornada coa festa da espuma.
Tamén anunciou a xunta directiva que para o ano o seguro escolar será unha obriga para os nenos/as que asistan ás actividades extraescolares, de que están abertos ás suxerencias dos pais/nais e de que esperan a axuda e comprensión de todo o colectivo.
Houbo un animado debate despois cos asistentes sobre temas de intereses (seguridade no transporte escolar, características do seguro, posibilidade de comedor, problemática á hora de estacionar os vehículos á entrada e saída dos nenos/as, tráfico nesas horas, etc..) e as xestións a realizar.
0 comentarios