A pasada noite comezou a obra de pavimentación da estrada nacional.
A empresa Misturas comezou a pasada noite a obra de pavimentación da estrada nacional N-550 partindo da ponte medieval interprovincial. Pavimentouse un carril dende a ponte (rúa José Novo Núñez) ata o cruce da estrada autonómica Pontecesures-Baloira (Avda. de Vigo). A obra, que foi adxudicada pola Demarcación de Estradas do Estado en Galicia do Ministerio de Fomento, comeza en Pontecesures e rematará en Pontevedra, arranxándose todo o firme da estrada nacional. Nos núcleos máis poboados, os traballos vanse realizar de madrugada.
6 comentarios
GARSOFRA · 18-06-2008 a las 11:28
LLevo dos dias en los que desde A PONTE hasta llegar mi casa,y es 1,200 km me lleva 20 minutos gracias a la magnifica organizacion de este maravilloso arreglo que estan llevando a cabo en el susodicho tramo,no habra una mente un poco inteligente que hable con esta gente y les indique otra manera de cortar el trafico,por que haber haila.
zapatista · 18-06-2008 a las 13:18
Pois saes 20 minutos antes. Ainda que podenche poñer unha alfombra vermella para ti…
Luis Angel Sabariz Rolán · 18-06-2008 a las 15:48
Home, «GARSOFA», é mellor que os traballos na N-550 sexan executados de madrugada. Eu soportei na miña casa dúas noites de ruido cos camións e a maquinaria, pero sempre é mellor isto que ter uns atascos tremendos polo día. Aínda lembro que hai un para de anos as obras de pavimentado na estrada xeral tiveron lugar de día. As colas foron interminables e as protestas contínuas.
ROLAR · 18-06-2008 a las 16:58
Gustaríame saber si despois de asfaltar a N-550 van ter que volver a abrila para meter R.
Tuso · 18-06-2008 a las 17:20
Boa pregunta ROLAR, xa que da a impresión de que en Cesures as capas de asfalto duran pouco tempo sen que lle metan uns recortes e algún que outro parche.
Luis Angel Sabariz Rolán · 18-06-2008 a las 19:17
A Unidade de Estradas do Estado en Galicia, «ROLAR», non permite canalizacións pola calzada nin pola beiravía (gas, «R», etc..). Nestes casos teñen que ir os servizos polas beirarrúa.
? certo que nas rúas centrais cesureñas tivemos que soportar diversas canalizaciós en períodos distintos (enerxía eléctrica, gas, teléfono, «R», etc…). Eles teñen a súa programción e realmente é un fastidio que non se colocara todo á vez. Pero non se pode ir contra o progreso,