2 XOGADORES DO CB. RIO ULLA FORON SELECCIONADOS PARA PARTICIPAR NO CAMPIONATO GALEGO DE SELECCI?NS ZONAIS

Publicado por fru en

Sergio Martinez e Jose Carlos García foron convocados e disputan no dia de hoxe os seus respectivos partidos do torneo contra outras seleccions zonais galegas. Ambos formaron parte do equipo alevín masculino do C. B. Rio Ulla.

Sergio Martinez, alevín nado en 1997 (quedalle 1 temporada mais na categoría), é fillo du dos xogadores fundadores do baloncesto en Pontecesures: Jorge Martinez ??Carroseiro? que tan boas tardes de basket deu para Pontecesures. Sergio leva camiño de igualar ou incluso superar a seu pai se segue progresando. Para poder estar na selección, onde van os 10-12 ??mellares?, acudiu a varios adestramentos nestes 2 ultimos meses, superando varias cribas e convencendo ó seleccionador finalmente para poder formar parte da selección arousana alevín masculina. 

José Carlos García, nado en 1996, xogou a sua ultima tempada na categoría alevín. Polo tanto xa participa ca selección arousana infantil, onde foi chamado a participar hai 3 semanas. Xa ten vividas mais experiencias deste tipo, pois o pasado ano acudiu ca selección alevin onde fixo un bo papel. Hai 2 semanas xa xogou a 1ª fase do campeonato galego de seleccións contra as outras 2 zonas do sur galego: Vigo e Ourense, perdendo cos vigueses e gañando ós ourensáns. Esto serviulle á selección arousana para clasificarse 2ª do sur, e disputar a final contra as 2 mellores seleccións do norte galego (son 4: Lugo, Ferrol, Coruña e Santiago). Sorte a ambos.

Estes 2 xogadores son o producto do bo traballo ca canteira do basket que está facendo seu adestrador Antonio Pedrido nestes últimos anos, coma o demostran outros xóvenes cesureños, caso de Dani Barral ou Fabian Mantenga, que salindo deste club, están actualmente nas filas de Peleteiro de Santiago, onde veñen de disputar o campeonato galego xuvenil.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.