Saúda da alcaldesa polas festas do Carme.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Aproveito este saúda, en nome de toda a corporación, e no meu nome propio, para dirixirme a todos/as cesureños/as e visitantes desexándolles felices festas da Virxe do Carme.
Dende o Concello traballamos coa ilusión de que tanto os veciños/as como os que se acheguen dende outros lugares estes días, participedes nesta festa gozando dela, e desta forma veremos recompensado o noso empeño.
Sen esquecerme do agradecemento a todas aquelas persoas e entidades que contribuíron en maior ou menor medida a sufragar esta festa, e como non, facer unha especial mención ós veciños e veciñas que desinteresadamente foron porta por porta recollendo as vosas achegas para que esta festa da patroa dos mariñeiros poida celebrarse.
Unha aperta e benvidos a Festa do Carme 2008.

María Isabel Castro Barreiro
Alcaldesa de Pontecesures

Especial “EL CORREO GALLEGO”, 05/07/08


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.