Primeira misa do sacerdote ?scar Martínez Caamaño en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Hoxe domingo día 13 de xullo, ás 18:30 horas, na Igrexa Parroquial de Pontecesures, o sacerdote ?scar Martínez Caamaño, oficiará a súa primeira misa tras seren ordeado sacerdote o pasado día 28 de xuño na Diócese de Ourense.
Aínda que é nado en Rianxo, elixiu ?scar Pontecesures para oficiar a primeira misa, por ter aquí a súa familia máis próxima (Avda. de Vigo) e pasar longas temporadas no noso municipio onde colaborou na parroquia coma seminarista.
Asistirán á misa solemne antigos compañeiros e profesores de ?scar no Seminario Maior de Ourense, onde cursou os estudos o xove sacerdote.

Categorías: Sociedade

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.