Pontecesures.net cumpre 3 anos
O 23 de Xullo do 2005 naceu Pontecesures.net, ainda que a primeira entrada foi en Agosto cun pequeno texto:
Pronto teremos os cesureños un médio sinxelo para comunicarnos e amosar todo tipo de novas e información sobor de Pontecesures
Co mesmo espiritu segue esta páxina na que, tras só 3 anos, xa hai 3.794 entradas e 8.311 comentarios, que fan deste pequeno sitio unha fonte de información e opinión sobre o que acontece no noso concello e o entorno.
Non podo máis que agradecer a todos: redactores, colaboradores, comentaristas e visitantes que gracias a todos, este medio segue vivo.
Tras estes tres anos, nin o deseño nin o formato mudou, é posible que necesite un cambio (ou moitos) para que vaia evolucionando cara o seu cuarto cumpleanos. Tódalas suxerencias serán comentadas e estamos abertos a calquera cambio que veña dado por vos e co simple obxetivo de facer este sitio máis interesante e rico en contidos e información.
Un saudiño dende Sevilla,
Antonio Cortés.
9 comentarios
cockydaponte · 23-07-2008 a las 14:33
Noraboa dende o outro lado do río….
A PONTE EXISTE!!!
O Rei · 23-07-2008 a las 14:58
Grattis på födelsedagen!!
Parabéns para os que fan a web e traballan nela a diario e tamén para os que a través dela se expresan libremente.
Parabéns
manolo o do bombo · 23-07-2008 a las 14:59
Noraboa Antonio cortes,con esta paxina pasamos un rato agradable .Un saudo.
Luis Angel Sabariz Rolán · 23-07-2008 a las 15:55
Que vou dicir eu da páxina. Pois que é unha marabilla. Estamos diante dun referente importante para toda a comarca e doulle unha vez máis as grazas a Antonio polo seu traballo desinteresado. Sobre suxerencias non digo nada. Antonio fai o que ti vexas. Un abrazo.
Cara de cona · 23-07-2008 a las 18:52
Ben Cortés ben…a páxina e fundamental hoxe en Cesures…os políticos len todo..e aínda que angueira decía que era zafia está informado de todo…o que pasa que o Saba non o joden…lárgallas ben..
Noraboa Toño..eu propoño que Pontecesures sexo o primeiro pobo en ter un nome de rúa de páxina web…quedaría ben, rúa http://www.pontecesures.net, podía ser a da biblioteca xa que a Cacharra escribe alñí moito…jo…jo…jo…
manolo o do bombo · 23-07-2008 a las 19:52
UNha vez mais cara de cona ,eres unha maleducada ,vai facer un curso de boa educacion,cultura ningunha,ahi que saber ser persoa.
maradona · 24-07-2008 a las 04:03
Noraboa antonio,desexo que cumplamos moitos mais.espero que veñas para o san roque un saudo..
Javier F. · 24-07-2008 a las 18:56
Noraboa e gracias Antonio. Tes a medio pobo «enganchado».
basta · 24-07-2008 a las 21:28
Aparte do gran interese que desperta esta páxina entre os nosos veciños, son de gran importancia numerosas virtudes que posúe.
En primeiro lugar, o traballo e empeño que desenvolve o noso veciño desde Sevilla, Antonio Cortés, que de forma desinteresada, sérvenos en bandexa a posibilidade de comunicarnos e expresarnos libremente.
Ás veces, sérvenos a posibilidade de insultarnos, calumniarnos, descualificarnos e avergoñarnos cara ao mundo exterior, mal uso da páxina, pero aparte de non ser esta unha virtude que pretendese o creador desta Web, vital función, pois reflicte o nivel de confrontación entre veciños e o cruel que podemos chegar a ser.
Primeira fiestra de información entre os Cesureños, e creo que aquí é oportuno
agradecer o labor do Sr.Sabariz, no que a entradas se refire, pois en comentarios, como é evidente e razoable, primeira fiestra publicitaria do seu proxecto político.
O seu peor defecto, exceso de política, pero é útil para coñecer o zafia e carroñera que é esta. Pontecesures.net ensínanos que en política todo vale. Favores, traizóns, descualificacións, mentiras e intereses creados veñen e van. En política todo vale, e o que grite mais ao mentir, di a verdade.
Aquí temos un altofalante, pontecesures.net, agora só falta que os visitantes saiban distinguir as voces dos fanáticos tipo «cara de cona» que entran para vingarse e lanzar veneno a discreción, exemplo de vulgaridade, e o comentario razoable de «tuso» por exemplo, ou calquera outro do seu mesmo perfil.
Un saúdo Antonio, a todos os visitantes e colaboradores, e grazas.