Mª Dolores Gerpe Jamardo seleccionada como auxiliar administrativo. A outra praza, ata o momento, deserta.
ACTA DO TRIBUNAL
En Pontecesures, a 19 de agosto de 2008, sendo as 11 h. reunido na Casa do Concello de Pontecesures o órgano de selección para 2 postos de auxiliar administrativo, formado pola Secretaria do Concello Dna. Trinidad Rodríguez Suárez que actuará de Presidenta, polo Administrativo do Concello D. Ricardo Campos Saborido que actuará de vogal, e polo Técnico de Emprego D. José Francisco Rodríguez Fructuoso, que actuará de vogal e secretario. Estivo presente durante o proceso selectivo en calidade de ointe D. Francisco Freiría Oliveira representante sindical dos traballadores do concello.
Estableceuse primeiramente unha ficha de datos persoais para cumprimentar con cada unha das aspirantes, así como a elaboración dun baremo, segundo os criterios de selección da Orde do 19 de decembro de 2007 que regula os Programas de Cooperación no 2008 da Consellería de Traballo. Compleméntase o proceso selectivo cunha entrevista persoal valorando os coñecementos e experiencia profesional para poder levar a cabo os cometidos do posto de traballo. A continuación establecéronse as probas informáticas cas que as aspirantes van ter que demostrar os coñecementos informáticos que posuen. Ditas probas informáticas foron valoradas polos membros do tribunal coma excluintes, esto é, que para seren superadas tiñan que ter polo menos 2 dos 4 puntos cos que se valoraba este apartado. E así se lle fixo saber ó inicio da proba ás candidatas.
Iniciado o acto chamase ás catro aspirantes de conformidade coa oferta remitida polo Inem, presentándose: Dna. Susana Dopazo Rodriguez, Dna. Mª Dolores Gerpe Jamardo, e Dna. Sonia Lueiro Pereira.
Non se presentou Dna. Mª Rosario Bandín Freire.
Primeiramente as tres candidatas cubren a ficha de datos persoais, para seguidamente proceder á realización dunha entrevista persoal con cada unha delas.
Posteriormente fixeron unha proba de informática consistente nun cuestionario ó que tiñan que contestar 30 preguntas relacionadas con cuestións informáticas; e logo unha proba de ordenador onde tiñan que realizar un suposto práctico, que consistía na elaboración dun escrito dirixido ó concello.
Valorado este apartado entre as aspirantes, tan só superou esta proba cunha nota maior a 2 puntos Dna. Mª Dolores Gerpe Jamardo, polo que as outras 2 candidatas quedaron descartadas. As puntuacións das aspirantes neste apartado foron:
– Dna. Mª Dolores Gerpe Jamardo……… 2,50 puntos.
– Dna Sonia Lueiro Pereira…………….. 1,50 puntos.
– Dna. Susana Dopazo Rodriguez ……… 1,15 puntos.
A puntuación total aplicado o baremo e realizada a entrevista, máis a suma da puntuacións das probas de coñecemento informático obtida pola aspirante que superou dita proba informática foi a seguinte:
– Dna. Mª Dolores Gerpe Jamardo……………. 8 puntos.
Tendo en conta o anteriormente exposto, resulta proposta por este órgano de selección para seres contratada : Dna. Mª Dolores Gerpe Jamardo. A outra praza considérase deserta, polo que este tribunal vai solicitar das oficinas do INEM de Vilagarcia de Arousa a ampliación do sondaxe de aspirantes, entre os desempregados/as de Pontecesures para proceder a unha nova selección e dia a determinar proximamente.
De todo o cal exténdese a presente acta que en mostra da súa conformidade asinan os membros do tribunal.
12 comentarios
Cara de cona · 20-08-2008 a las 19:12
Unha lección de transparencia…si señor Saba..,.e co fenómeno Tacón no tribunal de oínte…manda carallo…estasme a demostrar Saba que non tes rencor nin venganza…hasta entran no concello persoas que che puxeron a parir e que se concentraron na túa contra….así me gusta…hai que prestixiar o concello…sombrerazo campión.. a outra mejilla sempre..
Que diferencia cos tempos de angueira mi madriña…
Luis Angel Sabariz Rolán · 20-08-2008 a las 22:28
Deixate de sombrerazos, «Cara de cona». Non tiven nada que ver coa selección e confío plenamente nas decisións do tribunal. Tiña o compromiso de rematar coas prácticas que, en materia de selección do persoal, houbo nos últimos tempos do goberno anterior. Quero darlle a noraboa á persoa seleccionada, e dicir que, como anunciei neste medio, solicitei que un representante sindical do persoal do concello estivese comprobando as probas. Así se fixo e espero que mellore a confianza dos cidadáns na institución municipal neste tema tan conflictivo da selección dos traballadores.
manolo · 20-08-2008 a las 22:50
Sabariz, lembras aquel comentario que imprimín? xa podo rompelo. Alégrome e felicítoche polo representante sindical. O que non acabo de entender é que o INEN soio mandase catro aspirantes, ollo!!! non estou culpando a ninguén de nada, no quero sembrar dúbidas, pero realmente soio hai en Pontecesures catro parados administrativos? Que explicación ten esto? Parécenme poucos, eso é todo.
manolo o do bombo · 21-08-2008 a las 14:31
Enhoraboa a lolochas,estas preparada e merecialo,por unha vez funcionou a cordura felecito a sabariz polo representante sindical
checha · 21-08-2008 a las 14:39
Cara de cona segues estando rabiosa.Agora debe de ser a envidia porque igual querias estar ti no sitio do tacón.Pero claro o teu problema e que non che escolleron delegada sindical.Por fin parece que se empezan a facer as cousas ben.Pero esta claro que 1º ten que poñer alguen as queixas.Moi ben polo delegado sindical pero penso que ainda teñen estas seleccións un pequeno fallo.Seguese sen pedir documentación que acredite a vida da xente.Espero que para a proxima se faga.
Cara de cona non eres a mais indicada para falar deste tema.¿por medio de que probas entraches ti no concello?.Xa che contesto eu por ENCHUFE.
Luis Angel Sabariz Rolán · 21-08-2008 a las 16:12
Non sei «manolo», porque a Oficina de Emprego de Vilagarcía enviou nesta ocasión só 2 aspirantes por praza. Para a anterior de peóns, enviou 6 ou 7 por praza. Descoñezo o criterio, pero non parece moi coherente, non.
Reitero o que dixen sempre. Ogallá non se produzan nunca máis as seleccións a dedo, e outras con irregularidades, dos últimos tempos nos que o Sr. Álvarez Angueira presidiu a corporación.
basta · 21-08-2008 a las 21:05
Que fácil e difícil é, que un tema tan problemático, que fai pouco dou tanto que latricar, acabe tendo a todos contentos. Noraboa á seleccionada, pois penso que eres a primeira traballadora do concello que entra pola porta da transparencia, e eres a primeira que logrou a paz nesta páxina. Increible TODOS están dacordo. Penso que grazas a Sabariz e a súa proposta do representante sindical…
Luis Angel Sabariz Rolán · 22-08-2008 a las 08:59
Con ou sen representante sindical, a decisión do tribunal ía ser a mesma. Estou seguro, e ultimamente, «basta», tódolos traballadores foron seleccionados con criterios claros e transparentes.
basta · 22-08-2008 a las 12:27
Criterios claros que sementaron miles de dudas.
Ves a diferencia? Inda que o resultado fose o mesmo, o criterio da opinión pública e tremendamente abismal.O que está claro é que hai dous grandes beneficiados; os aspirantes, que concurriron en condicións de igualdade, e VOS, o equipo de goberno. E si me apuras, o máis beneficiado eres ti.
Luis Angel Sabariz Rolán · 22-08-2008 a las 13:34
Evidentemente, «basta», moitos dos cidadáns teñén a impresión de que hai irregularidades (amiguismo. adscripción política, favores, etc..) na selección de persoal das administracións públicas en xeral. Cambiar esa percepción non é doado. Estoi tentando de que no noso concello superemos estas sospeitas que, por desgraza, son asumidas por un bo número de veciños (quen non escoitou: «Fan ben en meter ós amigos e á familia», «Eu faría o mesmo» «? o normal» «Vou falar co alcade ou cun concelleiro haber se meto a un fillo»..). Ten que pasar bastante tempo, claro. Espero que o logremos. Pero isto non é beneficio para min, senón para a institución. E ademais é unha garantía para os cidadáns. Seleccionar á xente con criterios asépticos, deixando á marxe ideas, simpatías (ou antipatias) políticas, persoais ou familiares é, sobre todo nos pobos pequenos, unha gran axuda para unir ós veciños superando as divisións.
sobreiras · 22-08-2008 a las 23:44
Con representante sindical ou sen el, os tribunais que dende xuño pasado seleccionaron a traballadores/as para o concello sempre o fixeron de maneira imparcial, e seguindo os principios de igualdade, mérito e capacidade das persoas que mandou o INEM. E a oposición só se dedicou a sembrar dúbidas poñendo en entredito o traballo de funcionarios do Concello e do persoal laboral, membros dos tribunais,que non se merecen para nada ese trato.Teñen un pouco máis de seriedade e revisen as seleccións que fixeron vostedes cando eran goberno. Con respecto a algún comentario anterior, tampouco penso que teña nada que ver unha selección de persoal para un contrato duns meses con unha oposición ou concurso-oposición para unha plaza que se crea en plantilla no Concello e que ten que cumplir todos os requisitos legais.
basta · 23-08-2008 a las 22:24
Tanto se defende a transparencia pero a algúns molestalle o representante sindical. O problema é que este milita no BNG, e algúns prefiren a transparencia cocida nos fornos do tripartito…
Para min, a circunstancia de que sexa un militante da oposición o que esté presente nas seleccións, é unha garantía a maiores das que, como non, poden aportar os membros do tribunal.As últimas contratacións foron en apariencia nefastas.
Sabariz, impulsor desta iniciativa (compremetido con «manolo» creo recordar nesta páxina), meréceme en este tema, tódolos meus parabéns.
Un saúdo.