Olimpismo padrónes.
O reto de Pekín lévanos a deslumbrar uns loureiros que entroncan de súpeto co mundo olímpico que entra en territorio da lenda local. Ca venia de Confuncio, no se trata dun conto chinés. Dous senlleiros deportistas, pequenos deuses do Olimpo na terra de Rosalía e Cela. Artellar un decorado cos piveteiros de México (1968) e Sidney (2000) resulta gratificante, cando o par de protagonistas e figurantes teñen o seu berce familiar no municipio, arredor de Extramundi e de Iria Flavia.
Con idiosincrasia antagónica, pola idade, sexo, modalidade, teñen unha enriquecedora traxectoria de éxitos transformadas en vitorias. O mundo xeórxico dos pedais e tubulares mergullou no mítico club Ciclista Padronés, onde aflorou José Angueira, cunha primeira bicicleta feita pola sabia man do mecánico Julio Angueira O Saleiro, que alternaba coa da marca Macario. Un ciclista sobranceiro, con máis dun centenar de probas gañadas a nivel doméstico, nacional e estranxeiro. Campión de España de pista, de Galicia en fondo, presente no Tour do Porvenir, etapas nas voltas a Palencia, Cantabria, Lleida; con Rafa Carrasco estivo no Picadero-Damm de Mataró xunto a Miró, Suñol e Medina; en Galicia, con Liñeiras, Barros e Carballo.
Douto lado unha nadadora que por cousas do azar naceu ??o pai era funcionario de ensino?? na poboación murciana de Molina de Segura. Paula Carballido xogou entre as augas da Manga do Mar Menor e os ríos Sar e Lérez. Recordman de España en 400 libres, presenza nos europeos de Istambul e Helsinqui; Mundiais, Universíadas, e varios campionatos galegos. Ámbolos dous santo e sinal do dream team da comunidade galega, que a través de estradas, velódromos e piscinas puxeron o listón moi preto do mesmo Martín Bahamonde e Lerrija Latymna. Co peculiar modestia que amosan, desmitificaron a súa presenza nestes universais eventos.
O reto de Pekín lévanos a deslumbrar uns loureiros que entroncan de súpeto co mundo olímpico que entra en territorio da lenda local. Ca venia de Confuncio, no se trata dun conto chinés. Dous senlleiros deportistas, pequenos deuses do Olimpo na terra de Rosalía e Cela. Artellar un decorado cos piveteiros de México (1968) e Sidney (2000) resulta gratificante, cando o par de protagonistas e figurantes teñen o seu berce familiar no municipio, arredor de Extramundi e de Iria Flavia.
Columna «Dende o Espolón» de Masito Beiró, pintor e escultor.
TIERRAS DE SANTIAGO, 26/08/08
0 comentarios