Convocatoria para contratar persoal de limpeza para edificios do Concello de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Para cubrir unha baixa por enfermidade, precísase contratar un/unha limpador/a con contrato de interinidade mentres dure a baixa, cunha xornada laboral por 5 horas ó dia e cun horario de traballo que poderá ser de mañá, de tarde ou partido, e cun salario bruto mensual segundo o convenio de limpeza de oficinas e despachos.
Os/as interesados/as entregarán a súa instancia, acompañada co currículo de méritos alegados (contratos, etc..) no Rexistro Xeral da Casa do Concello de Pontecesures nun prazo que remata o vindeiro luns día 13 de outubro ás 13:30 horas.
Poderase consultar as bases de selección e o baremo no taboleiro de anuncios do concello.

Categorías: Concello

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.