Arranxada a avaría de auga na traída particular de A Ponte.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Dende hai moito tempo, 23 casas de A Ponte teñen unha traída particular de augas que discorre pola rúa Cantillo de San Xulián, preto da gasolinera, e vai nun tramo sen soterrar por baixo dos arcos que están baixo a beirarrúa fronte á antiga Casa Castaño. Dende alí parte ata a ponte medieval sobre o río Ulla.
Pois ben; nestes días os veciños apreciaron a falla de auga e fixeron as comprobacións oportunas nos depósitos e noutras zonas da conducción. Localizouse a avaría e así, xusto debaixo dos arcos nas proximidades da ponte sobre o río, apreciouse a mangueira raxada en varios puntos. podendo tratarse dunha gamberrada.
Na tarde de hoxe foi arranxada a mangueira.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.