Coñece o escudo de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

De azur (azul), e sobre ondas de prata (branco) e azur, unha ponte defendida de ouro (amarelo), flanqueda por dúas vieiras de prata. ? timbre, a coroa real pechada.
A imaxe heráldica da ponte defendida sobre ondas de prata e azur, que se traen ó campo deste escudo, permite aludir con precisión ó río Ulla e á propia ponte que aquí o salva, posto que un e outro son imaxe representativa e convencional da municipalidade e, asemade, sentido e razón do seu propio topónimo. As dúas vieiras que se dispoñen nos flancos son, por outra parte, un adecuado complemento que permite recorda-la antiga vinculación destas terras a Iria (que foi cabeza do vello bispado da plenitude medieval) e, por extensión, a todo o ámbito compostelán e xacobeo.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.