Comezan as clases de ximnasia de adultos en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

O vindeiro luns, día 1 de decembro comezan ás clases de ximnasia de adultos 2008/2009, que este ano se demoraron por dificultades para atopar monitores/as (non se presentou persoa algunha na convocatoria pública, e houbo que realizar xestións na oficina de emprego de Vilagarcía e con clubes deportivos que non deron froito ata agora).

As clases son gratuítas e terán lugar no polideportivo municipal de Pontecesures co seguinte horario:

-Os luns, mércores e venres, de 9:15 a 10:30 horas (monitora: Sandra Atanes Bouzón).

-Os martes e os xoves, de 20:15 a 21:15 horas (monitora: Noelia García Lesende).


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.