Comezaron hoxe as clases de ximnasia de adultos 2008/2009.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Oito mulleres asistiron hoxe á primeira clase de ximnasia de adultos que tivo lugar no pavillón municipal ás 9:15 horas. Aínda que a instalación estaba chea de nenos/as do CPI Pontecesures por mor do asolagamento parcial do edificio de primaria e secundaria do centro, a clase impartiuse sen problemas no primeiro andar do pavillón.
Faise un chamamento para que asistan máis persoas a estas clases gratuitas, lembrando que terán lugar os luns, mércores e venres, de 9:15 a 10:30 horas e os martes e os xoves de 20:15 a 21:15 horas.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.