Mañá día 27 de xaneiro, presentación do vehículo de emerxencias de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O martes día 27 de xaneiro ás 13:30 horas será presentado na fachada prinicpal da Casa do Concello o novo vehículo para extinción de incendios e de ssalvamento adquirido polo concello e subvencionado ao 75% pola Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia. O vehículo modelo pick-up tivo un custo total de 62.266,66 euros, e xa esta rotulado, cos anagramas de «emerxencias» e rotulado.
Está previsto que asistan ao acto de presentación a Directora Xeral de Protección Civil, Esther González Saavedra, e a delegada provincial da Consellería de Presidencia, Mª Carmen Larriba. Están tamén convocados ao acto, os representantes de tódolos grupos políticos do goberno e da oposición.
O equipo de goberno quere mostrar a súa satisfacción pola posta en uso dun vehículo moi necesario, e tantas veces demandado por este concello.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.