O Servizo Provincial de Estradas pintou o venres o cebreado, tantas veces demandado, xunto a Comercial Moncho.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Na mañá do venres día 13 pintouse este cebreado para que os vehículos que baixan ata o semáforo da intersección da estrada autonómica PO-214 Pontecesures-Baloira coa N-550, deixen o espazo libre deste cebreado, cando dito semáforo estea pechado, para posibilitar que os vehículos que suben ata os colexios pola rúa “Borobó” non queden retidos, impedindo o desaloxo da N-550 co conseguinte perigo.
Dita medida, que é moi importante por razóns de seguridade e para darlle fluídez ó tráfico, recíbese con satisfacción, agradecendo ao Xefe Provincial de Estradas de Pontevedra da CPTOPT o interese amosado para resolver este tema.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro de relacións institucionais.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.