Replanteo da obra de instalación do novo alumeado público nas rúas centrais de Pontecesures.
No día de hoxe, a dirección de obra e os representantes da empresa adxudicataria SETGA, asinaron a acta de replanteo desta obra que vai executar a Deputación Provincial de Pontevedra, en base a un convenio entre o organismo provincial e o Concello de Pontecesures.
Espérase que os traballos nas rúas Portarraxoi, San Lois, Sagasta e Víctor García, comecen na semana próxima, estando previsto que rematen en vinte días, aproximadamente.
0 comentarios