Convocatoria da Deputación de 7 traballadores para prestar servizos para o Concello de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

A Deputación de Pontevedra, dentro do Plan Provincial de Fomento do Emprego 2009 en pequenos municipios, vai contratar 7 traballadores para traballar en Pontecesures entre o 1 de maio e o 31 de outubro de 2009 (seis meses).

En concreto os postos son 6 peóns de limpeza a media xornada (18,75 horas semanais) e 1 auxiliar administrativo a xornada completa (37,50 horas semanais). As retribucións mensuais serán de 643,05 ? brutos para os traballadores a media xornada e 1.437,07 para o auxiliar administrativo a xornada completa.

O venres día 6 de marzo remata o prazo para que os aspirantes se inscriban na Deputación de Pontevedra para a entrevista selectiva, lembrándose que ditos aspirantes deben ser desempregados inscritos ness postos, ou demandantes de mellora de emprego.

Na oficina do técnico de emprego do concello facilitarase todo tipo de información o es modelos de solicitude.

O goberno local de Pontecesures quere mostrar a súa satisfacción por esta nova. Ademáis de fomentar o emprego nestes tempos difíciles, vanse mellorar os servizos municipais con este persoal.

Pontecesures, 19 de febrero de 2009


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.