ESTE DOMINGO O C. B. RIO ULLA ENTREGARÁ A CESTA DE ENTROIDO SORTEADA

Publicado por fru o

Cada ano por estas datas, coincidindo co Entroido, o club fai unha rifa dunha magnífica cesta cos “ingredientes básicos” para darse unha boa laconada: Ademais do propio lacón, non fallan os grelos, chourizos, patacas, bebidas, cafñé e licores. Así como a manzanilla para axudar na dixestion.

O sorteo este ano foi o pasado venres 27 de febreiro, e a terminación das 3 ultimas cifras da ONCE premiada foi a 552. A persoa posuidora da mesma xa se puxo en contacto para decir que tiña o boleto premiado, polo que este domingo día 8 seralle entregada no polideportivo cesureño a devandita cesta, xusto no descanso do partido do domingo á mañá, pois nese equipo xoga o rapaz que lle vendeu a rifa, e será o propio neno quen lle faga entrega da cesta á persoa agraciada.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.