Campaña “Mercar en Pontecesures”.

Tras o sorteo realizado o pasado venres 10 de xaneiro entre todas e todos os participantes na campaña de Nadal “𝐌𝐞𝐫𝐜𝐚𝐫 𝐞𝐧 𝐏𝐨𝐧𝐭𝐞𝐜𝐞𝐬𝐮𝐫𝐞𝐬, 𝐭𝐞𝐧 𝐩𝐫𝐞𝐦𝐢𝐨!”, ó longo desta semana comezaron a entregarse 𝗼𝘀 𝟰𝟵 𝗮𝗴𝗮𝘀𝗮𝗹𝗹𝗮𝗱𝗼𝘀 𝗱𝗼𝗮𝗱𝗼𝘀 𝗽𝗼𝗹𝗼 𝗰𝗼𝗺𝗲𝗿𝗰𝗶𝗼 𝗹𝗼𝗰𝗮𝗹 𝗲 𝗼𝘀 𝗱𝗼𝘂𝘀 𝗰𝗵𝗲𝗾𝘂𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟰𝟬 𝗲𝘂𝗿𝗼𝘀 𝗱𝗼𝗻𝗮𝗱𝗼𝘀 𝗽𝗼𝗹𝗼 𝗖𝗼𝗻𝗰𝗲𝗹𝗹𝗼 𝗱𝗲 𝗣𝗼𝗻𝘁𝗲𝗰𝗲𝘀𝘂𝗿𝗲𝘀 para incentivar o consumo no noso comercio.

Máis de 𝟏𝟓.𝟎𝟎𝟎 𝐩𝐚𝐩𝐞𝐥𝐞𝐭𝐚𝐬 entregadas polos comercios participantes ós seus clientes nesta campaña, dan boa conta do éxito desta iniciativa coa cal, o Concello de Pontecesures, busca 𝐝𝐢𝐧𝐚𝐦𝐢𝐳𝐚𝐫, 𝐢𝐦𝐩𝐮𝐥𝐬𝐚𝐫 𝐞 𝐟𝐨𝐦𝐞𝐧𝐭𝐚𝐫 𝐨 𝐜𝐨𝐧𝐬𝐮𝐦𝐨 𝐧𝐨 𝐜𝐨𝐦𝐞𝐫𝐜𝐢𝐨 𝐥𝐨𝐜𝐚𝐥.

Agradecer a participación dos locais comerciais e a boa acollida por parte do público desta campaña!

CONCELLO DE PONTECESURES

Hoxe, 6 de setembro, o bar Galicia de Pontecesures celebra o seu vinte aniversario.

-Ás 14 horas, haberá disparo de foguetes e prenderase lume ao espeto.

-Ás 20 horas haberá de novo disparo de foguetes e degustarase, de balde, carneiro e porco ao espeto.

-Ás 22:30 horas, actuación estelar do DJ MAXI e 1º Gran Sorteo.

Gañadoras da “Ruta de Tapas”.

Xa temos gañadores da Ruta de Tapas de Primavera! O evento, no que participaron nove establecementos hosteleiros de Pontecesures, revelouse un éxito, acadando unha gran participación. O balance positivo achegado polos bares e restaurantes participantes, afianza a aposta do Concello de Pontecesures por seguir apostando neste tipo de actuacións que fomentan a economía local e dinamizan a vida social da nosa vila.

Nesta edición, resultou gañador do certame a cafetería 𝐎 𝐑𝐞𝐞𝐧𝐜𝐨𝐧𝐭𝐫𝐨, que participou coa tapa “𝐏𝐚𝐢𝐱ó𝐧 𝐀𝐮𝐭ó𝐜𝐭𝐨𝐧𝐚,” Hai que resaltar o nivel dos participantes desta edición, que plasmaron o seu bo facer tanto na elaboración como na presentación das tapas. Parabéns a todos. No sorteo realizado o pasado xoves 24 de abril, coa presenza de representantes do sector, sorteáronse tres vales agasallo para empregar no comercio e hostaleria local donados polos establecementos participantes, por valor de 𝟑𝟎,𝟓𝟎 𝐞 𝟏𝟎𝟎 𝐞𝐮𝐫𝐨𝐬 Parabéns ós afortunados!.

Por outra banda, o 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐚𝐩𝐨𝐫𝐭𝐨𝐮 𝐮𝐧 𝐯𝐚𝐥𝐞 𝐝𝐞 𝟏𝟓𝟎 𝐞𝐮𝐫𝐨𝐬 para gastar en Supermercados Froiz, colaborador habitual dos eventos que desenvolve a administración local.

Concello de Pontecesures

Feira de stocks en Pontecesures.

Durante o pasado domingo puidemos desfrutar das mellores ofertas do comercio local. Os comerciantes da vila sacaron aos stands da Prazuela os seus produtos nesta feira. Ademáis a música do dúo Broke Acoustic Covers, acompañou este día de compras cos mellores éxitos en versión acústica. Ao final da feira, rematamos a xornada cun gran sorteo de agasallos para as persoas que se achegaron a comprar neste domingo. Grazas a veciñanza e visitantes por vir a Pontecesures a gozar desta xornada da Feira de stocks!

Concello de Pontecesures

El Cupón Diario de la ONCE deja dos premiados con 35.000 euros cada uno en Pontecesures.

El Cupón Diario de la ONCE deja dos premiados con 35.000 euros cada uno en Pontecesures
Una persona compra un cupón de la ONCE, en una imagen de archivo.

El Cupón Diario de la ONCE ha repartido en Pontecesures 70.000 euros, en dos cupones premiados con 35.000 euros cada uno en el sorteo del 11 de marzo. Ángel Naveira Portas es quien ha llevado la suerte al municipio desde su punto de venta situado en la calle San Luis. 

El Cupón Diario de la ONCE pone en juego un premio de 500.000 euros al número más la serie y 49 premios de 35.000 euros a las cinco cifras del número premiado. Además, 450 premios de 250 euros a las cuatro primeras cifras y otros 450 premios a las cuatro últimas; 9.000 premios de 25 euros en el caso de tres últimas o tres primeras; y lo mismo para las dos primeras y últimas (6 euros) y reintegro de 2 euros a la primera o la última cifra del número premiado.

Diario de Arousa

Mercar en Pontecesures ten premio.

O Concello de Pontecesures impulsa, ante a chegada das festas de Nadal, a campaña de dinamización do comercio local “Polo Nadal, mercar en Pontecesures ten premio”.

Una acción de apoio aos emprendedores locais coa que desexa recordar a toda a cidadanía a importancia de apoiar aos establecementos comerciais do concello.

Os clientes dos establecementos adheridos á campaña recibirán papeletas polas súas compras. Estas, unha vez cumplimentadas cos datos dos clientes, poderanse depositar nas urnas habilitadas nos mesmos comercios e na propia Casa do Concello.

Todas as papeletas participarán no sorteo dunha tablet e outros premios facilitados polos establecementos locais. Os gañadores coñeceranse o vindeiro 11 de xaneiro de 2024 no sorteo que se celebrará na Casa do Concello.

Concello de Pontecesures