ENTREGADA A CESTA DE ENTROIDO SORTEADA POLO C.B. RIO ULLA

Publicado por fru o

Esta mañá, no descanso do partido dos infantís, foille entregada a cesta de entroido a Pilar De Jesus, posuidora do boleto nº 552, terminación do sorteo da ONCE do pasado venres 27 de febreiro. A cesta foille entregada polo xogador do equipo Yago Llerena, que foi quen lle levou a sorte á nosa veciña, ó venderlle o boleto que logo resultou premiado.

Dende o club dar as gracias a todos os que colaboraron comprando as rifas, o que supón unha axuda económica para o noso club. E ós gañadores desexarlle un bo proveito.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.