A comisión de patrimonio dictamina favorablemente a cesión do Centro de Saúde ao SERGAS.
Na sesión celebrada no día de onte, a Comisión de Facenda, Patrimonio e Contratación do Concello de Pontecesures, dictaminou favorablemente a proposta de ceder grutuitamente o Centro de Saúde ao SERGAS.
O voto foi unánime dos cinco integrantes da comisión, Maribel Castro (IP), Javier Quntá (PP), Luis Sabariz (Non adscrito), Xosé Antonio Baliñas (BNG) e Arturo Ferro (BNG).
Agora o asunto vai ser tratado no pleno ordinario do día 30 de marzo.
0 comentarios