A Deputación selecciona aos peóns para traballar en Pontecesures.
A entrevista para seleccionar a estes seis peóns (Plan Provincial de Fomento do Emprego 2009) tivo lugar o venres día 19. Hoxe saiu a relación que é a seguinte:
-Olga Lestido Gerpe, 9,3 puntos
-Carmelo Pardal Moure, 8,4 puntos
-Ramona Agrasar Castrelo, 8,0 puntos
-Nayra Martín Cabrera, 7,7 puntos
-Mª Dolores Pardal Moure, 6,7 puntos
-Laura Coira Lafuente, 6,3 puntos
SUPLENTES
1º Estrella Campos Rodríguez
2º Alejandro José González Refojo
3º José Juan Suárez Manteiga
4º José Carlos Angueira Bentrón
5º Miguel Devesa Lamas
6º José Andrés Santiago Eitor
Os traballos comezan o 1 de maio e rematan o 31 de outubro. O contrato é a tempo parcial cunha retribución de 643,05 euros brutos.
15 comentarios
cotorra · 20-04-2009 a las 14:46
todo esto é unha trapa,a min pedironme os votos a cambio dunha praza. a xente que esta agora no concello son uns descerebrados.
Cara de cona · 20-04-2009 a las 17:37
Selección importante…..a muller de agapo de protección civil…..unha familiar de Vieites…..dous caxides…una carriza…e unha cheira…..moitos votos…..o bloque precúpase e baixa e baixa……as promesas de angueira xa non colan……
gazpacharía randulfo? eu que sei, prometeu e prometeu e o final queda mal ca tira de presentados….cando aprenderá este home….anda por aí decindo ¡yo soy la Diputación!….agora ten que tragar o sapo…….que cousas…
cotorra · 20-04-2009 a las 18:02
randulfe é un sinverguenza, si en vez de falar tanto collera o maletín e se fose pa súa casa mellor que mellor.Tripartito do carallo!!!!
Benedicta Dopico Dopico · 21-04-2009 a las 11:17
Cara Cona? xa estas berrando polas listas? imos ver? pero é que non meteron a ningunha do teu famila???… por iso estas así cara cona???… Isto xa é de vergoña? Señor sabariz? agora non ten nada que contestar referente a estes insultos?. Ou é que vostede tampouco ten familiares nesta lista e por iso nesta ocasión de cala e non opina??
sofia · 21-04-2009 a las 17:41
ahora todo nos molesta pero cuando estaba el bng no pasaba nada por estar todos los AMIGITOS de angueira en al ayuntamiento hasta el gasoil estaba a disposicion de ellos por favor todos hacen lo mismo
Luis Angel Sabariz Rolán · 21-04-2009 a las 20:37
Queres meterme no debate, «Benedicta Dopico Dopico». Pois só podo dicir que son completamente alleo ao proceso de selección. A Diputación nomeou un tribunal, composto por traballadores do organismo provincial, que avaliou aos candidatos coas puntuacións que aparecen nas listas. Non teño motivo algún para poñer en dúbida a selección. Eso sí, quero felicitar aos seleccionados/as. Tamén comprendo o disgusto dos moitos/as que quedaron fóra. Sobre todo nos tempos de crise que padecemos.
estudiante · 22-04-2009 a las 09:32
Eu non fun di el e comparézome dos que quedaron fora. Que comprensivo é este home.
Hai que porpolo pa SANTO, ja, ja,ja.
cotorra · 22-04-2009 a las 09:51
cala sabariz que estas ti de volta e media,vos sodes coma os medicos tapadesvos uns os outros. Limpieza no concello que xa cheirades. Que casualidade que sempre traballen os mesmos.Isto volverase a repetir cando volva a haber outro obradoiro.
manolo o do bombo · 22-04-2009 a las 11:28
Enhorabuena as elegidas,para o bipartito de vergonza,tanto criticar a Angueira e sodes do peoriño ,sempre dixen os mismos cans ,pero con destintos collares,¿Donde esta a transpariencia,as verdades,a credibilidad,etc,etc?
Luis Angel Sabariz Rolán · 22-04-2009 a las 14:24
Reitero que son alleo a este proceso de Deputación. Porén; hai que dicir que a cada candidato/a foille envíada, con carácter previo, una explicación dos aspectos a valorar como experiencia, nivel de estudos, recepción ou non de percepción económica (neste caso tiñan preferencia os que cobraban algunha prestación, xa que así deixarían de cobrar das administracións públicas), residencia no lugar de traballo, situación familiar, etc…
Naturalmente será na Deputación onde os candidatos poderán consultar a aplicación destes baremos.
? moi doado criticar por criticar. Respaldo totalmente todas as seleccións realizadas polo Concello de Pontecesures dende o 16 de xuño de 2007, e confío plenamente nos tribunais, formados por traballadores da nosa institución, que fixeron as sucesivas seleccións. Por suposto, quedaron superados no concello aqueles procesos do goberno presidido polo Sr. Álvarez Angueira (contratacións a dedo sen procedemento algún, incumprimentos dos acordos plenarios en canto os tribunais do obradoiro de emprego, discriminacións de familias solicitando máis candidatos para non selecionar a persoas concretas, e moitos etcéteras).
Superar estas situacións inxustas era a miña responsabilidade no concello. Sei que é moi dificil superar a idea que extenden pola rúa moitas persoas para facer dano (típico comentario: «Os políticos, son todos iguais, sempre meten aos seus familiares ou amigos»), pero hai que continuar traballando neste senso.
Claro, das seleccións da Deputación, xa podo falar menos. Non teño ningún dato que me faga pensar en irregularidades e nada máis teño que dicir.
Tiroliro II · 22-04-2009 a las 19:07
Hai que ter huevos para alborotar contra Sabariz con esto do persoal que elixe a diputación, cando en tempos de angueira hubo a de dios. o tacón acertando preguntas que nin que fora un sabio, 24 de 25 preguntas, o gerpe do gasoil a dedo seleccionado e a dedo ascendido, parientes, os enchufados de fora de cesures con fraude do empadronamento vivindo fóra, entrou hasta marcialito o primo, vaia méritos, que cona din aquí, fora trapicheiros
sofia · 23-04-2009 a las 16:21
no que ahora no lo ahí son todos iguales bng pp psoe independientes solo por su interés como siempre pero bueno tanto hablar de los de angueira que algunos cuando sea para hacer las listas van a llevar con las puertas en las narices un saludo para los políticos de este pueblo que menudos que son es una pena
Cara de cona · 23-04-2009 a las 19:05
As listas de cesures vanse facer moi facil muller……a do PSOE todos das familias de piñeiros e pichochos…con daniel chenlo de estratega e de árbitro….
a do pp faina randulfe nun bar cos que lle saia dos huevos…..asi será a lista claro….algún calandraca e a xente seria botándose fora…en fin ordeno, mando e fago saber…escola piñeirista clásica….
A do Bng….parecido….os de sempre na cabeza….angueira o frente senon o empapelan….e mirando con precaución a checha tarela para que non lle forme follon…..estarán os floreiros de sempre…o xandro…o da pizería….máis do mesmo…
A da escola meterá tamén a collóns a algún por aí con favores…..miguelóns…..algunha do coro…..poucas novedade tamén…
o que terá problemas e o Saba……non lle vai desta nin Sindo o Cheiro…..sempre lle digo desde aquí…saba largate de aí…manda todo o carallo….e atende o teu….non atendas a esta ristra de mediocres….sal como un cabaleiro….o gasoil levaronno outros…..
Benedicta Dopico Dopico · 23-04-2009 a las 20:48
Bo a tanto lervos a min sáltanme as dúbidas e as preguntas. Polo que vexo todos saben gobernar e mandar e polo que leo, con que facilidade de palabras solucionades vostedes os problemas da política? Eu, a verdade, que de política non entendo, pero a tan sabedores que son vostedes e con tantas informacións que posúen no seu poder, xa que sabedes até onde se reúnen e todas esas historias, a túa cara cona e os teus seguidores nato que che apoian nesta Web, porque non formades un partido para as próximas eleccións e metédesvos a política?… Porque para falar do que non debes dáseche ben e para inventar tamén se che dá ben, cona!!… pero se case xa te pareces a un político e todo!!!…En fin, que todos queremos opinar e todos queremos solucionar pero hai que darse conta que as cousas tampouco son fáciles e que, ou mellor devandito, quero pensar, que se están facendo as cousas o mellor e boamente posible ben..
Ahhhh!!… respecto ao que sempre leo nesta pagina? que se o partido anterior cara a isto que se este fai o outro? que se eles facíano mellor e estes peor ou viceversa? só dicirvos.. QUE NIN O BOS SON TAN BOS NIN Os MALOS TAN MALOS.. unha cita sabia
Luis Angel Sabariz Rolán · 23-04-2009 a las 20:59
E lexítimo facer critícas sobre as persoas que nos adicamos, con ou sen dedicación exclusiva, á política municipal, «Cara de cona». Agora ben; non por iso tense licenza para desacreditar ou humillar ás persoas. En maior ou menor medida, con maior ou menor acerto, tratamos que sacar adiante a institución de todos. Non é xusto que por estar na escea pública, teñamos que escoitar esas verbas despectivas.