Donativos para as Festas do Carme 2009.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

NOTA DO GOBERNO LOCAL DE PONTECESURES

O pasado mércores, día 29 de abril, a alcaldesa de Pontecesures, Maribel Castro, o concelleiro de cultura, Jesús Mª Rey e o concelleiro de relacións institucionais, Luis A. Sabariz, reuníronse cun grupo de veciños/as que van colaborar solicitando donativos para as festas do Carme de Pontecesures, que se celebran os días 3, 4, 5 e 6 de xullo e participando na organización dos actos festivos.

Estas persoas, sairán a vindeira semana para solicitar donativos polos domicilios e comercios, facendo un chamamento á poboación para que colabore no posible.

Infórmase tamén á veciñanza que os donativos tamén poder seren ingresados nunha conta aberta polo concello en Caixanova de Pontecesures para estes fins. ? a seguinte:

2080 0112 71 0040008207

Se algunha persoa quere sumarse para formar parte destes grupos que van pedir polas portas, pode dirixirse ao concello.

O goberno local quere agradecer a todas estas persoas, que colaboran desinteresadamente, o seu labor, que é difícil (fundamentalmente coa crise que vivimos). Sen a súa entrega e adicación sería moi complicado organizar as festas do Carme 2009.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.