Setenta e dous rapaces e rapazas participaron na tempada 24-25 da Escola de Fútbol Municipal, dirixida polo monitor deportivo municipal 𝐌𝐚𝐫𝐜𝐨𝐬 𝐉𝐚𝐦𝐚𝐫𝐝𝐨, 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐢.
O traballo en equipo, o esforzo e o respecto ó rival e ós compañeiros e compañeiras, 𝐬𝐨𝐧 𝐨𝐬 𝐬𝐢𝐧𝐚𝐢𝐬 𝐝𝐞 𝐢𝐝𝐞𝐧𝐭𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐝𝐚 𝐞𝐬𝐜𝐨𝐥𝐚 𝐞 𝐝𝐚 𝐬ú𝐚 𝐟𝐢𝐥𝐨𝐬𝐨𝐟í𝐚 𝐝𝐞𝐩𝐨𝐫𝐭𝐢𝐯𝐚. E como todo traballo ben feito ten a súa recompensa, o Concello de Pontecesures organizou para os alumnos e alumnas unha festa para celebrar por todo o alto os logros acadados.
A Alcaldesa de Pontecesures, Maite Tocino, xunto co Concelleiro de Deportes Alberto Rivas e o Tenente da Alcadesa, Roque Araújo entregaron os diplomas os alumnos e alumnas, que o pasaron en grande acompañados das súas familias.
O xogador cesureño do Betis estivo onte na presentación do campus e firmou autógrafos, camisetas e fotos á rapazada | da
O Concello de Pontecesures vai celebrar os vindeiros 26, 27 e 28 de xuño un “Campus de Porteir@s” apadriñado polo xogador cesureño do Betis Fran Vieites. Trátase dunha iniciativa coa que o goberno local quere fomentar o deporte base e formar novos talentos aproveitando a figura do xogador, que milita agora na Primeira División e levou ao equipo andaluz ata a final da Conference League.
O campus foi presentado no Concello coa presenza do propio porteiro, da alcaldesa Maite Tocino, o monitor deportivo Marcos Jamardo ‘Pichi’ e o tenente de alcalde Roque Araújo. Ademais, estivo presente tamén a rapazada que a esa hora tiña adestramento coa escola deportiva municipal, que ten agora mesmo 72 nenas e nenos cos que se traballa o ocio saudable e a formación en valores, “sobre todo o traballo en equipo e o respecto tanto a compañeiros como rivais”, subliñou Tocino.
“Foi ese éxito e a confianza das familias o que nos animou a emprender coa iniciativa do campus, e a intentar contar con Fran Vieites, un xogador cesureño que medrou nas propias escolas e mantén o vínculo coa vila sempre que as súas obrigas laborais llo permiten. É unha sorte e un orgullo poder contar cun veciño de tanto talento devolvendo á xente nova a formación que tamén recibiu aquí”.
Vieites mostrouse “encantado” co proxecto e atendeu a toda a rapazada asinando cromos, fotos, camisetas, zapatillas e facendo fotos con cadaquén que llo pediu. Explicou tamén o seu traballo e técnicas de adestramento como porteiro, nas que afondará en persoa o vindeiro sábado 28 directamente coas nenas e nenos participantes na iniciativa. O campus desenvolverase no campo Ramón Diéguez de Pontecesures. O obxectivo principal é que as 14 nenas e nenos adquiran as técnicas e habilidades propias da posición.
O prazo de inscrición abrese o luns ás 9 da mañá, cubríndose as 14 prazas por orde de solicitude. Poderán participar rapazas e rapaces ben da escola municipal ou de equipos da zona.
Alba Buján Miguéns e a súa cadela Valquiria foron recoñecidas polo seu 5º posto no Mundial de Canicross ICF celebrado en Bardonecchia (Italia). Na súa primeira competición internacional, destacaron na categoría CaniCross Junior, superando un duro percorrido de 4 km con 120 m de desnivel positivo, competindo contra 21 deportistas de toda Europa.
Durante o acto, celebrado no Salón de Plenos, a alcaldesa Maite Tocino destacou o seu mérito: “Esforzo, sacrificio e compromiso que serven de exemplo para a mocidade e para toda a sociedade”. O concelleiro de Deportes, Alberto Rivas, tamén subliñou a importancia de dar visibilidade aos deportes minoritarios como o Canicross.
Promover o respecto, a colaboración e o vínculo coa natureza son valores fundamentais que esta disciplina representa. Alba e Valquiria son un orgullo para o Concello Pontecesures e un exemplo de superación para todos.
Que unha das exaltacións culinarias máis senlleiras de Pontecesures se anuncie a 7 días da súa celebración non parece amosar moito compromiso de Tocino e os seus satélites co sua promoción, o cal tampouco nos resulta extrano se recordamos que hai anos xa afirmara a actual alcaldesa que dedicar recursos económicos á festa do churro lle parecía “pouco ético”.
Publicaba o equipo de goberno, días atrás, que van a facer un curso de poda e “inxertos” para prantas ornamentais. Informámoslle a Sra. alcaldesa de que a parte práctica do curso pódea facer na rúa do Rial, a vexetación nas marxes da rúa está no tamaño óptimo para que os asistentes ao curso adquiran coñecementos ou perfeccionen a súa técnica.
O actual equipo de goberno segue sen dar solución axeitada ao asunto da limpeza dos espazos públicos municipais. Xa no pleno do pasado novembro, preguntábamos á alcaldesa se era coñecedora do estado da pista deportiva do peirao. A Sra. Tocino, non so afirmou daquela ser coñecedora senón que tamén admitiu ter autorizado personalmente a colocación de todos aqueles rudimentarios elementos de madeira na pista de padel para adaptar, afirmou, o espazo aos gustos dos usuarios e usuarias. Oito meses despois, o estado global do recinto é tan lamentable que da vergoña chamar instalación deportiva municipal a eso.
Nas últimas semanas, a alcaldesa de Pontecesures, Maite Tocino Barreiro, está a manter conversas con diferentes responsables da área sanitaria de Santiago, á cal pertence o Centro de Saúde da nosa vila, ante os problemas que está xerando a falta de persoal que cubra a ausencia do médico de familia titular de xeito estable e continuado.
A alcaldesa trasladou á xerencia que a falta de médico, reduce o número de citas no noso centro e obriga as veciñas e veciños a desprazarse a consultorios doutras localidades, co consecuente prexuizo que supón, especialmente para as máis maiores.
Dende o Concello de Pontecesures, seguiremos insistindo para garantizar unha atención sanitaria de calidade para todas e todos.
Na mañá de onte tivo lugar a entrega de premios do Certame de Relato Curto realizado polo Concello de Pontecesures no marco do Día das Letras Galegas deste ano.
Formando o xurado, contamos coa presenza de Mª Belén Senín Santiago e Ana Lorenzo Blanco, filólogas galegas e premiadas en certames de diferente índole literaria. Agradecer a súa colaboración altruista e profesionalidade para valorar os traballos realizados polos participantes.
A Alcaldesa Maite Tocino deu a benvida a participantes e familias, agradecendo a presenza e destacando o valor cultural e literario destas iniciativas. Posteriormente o Concelleiro de Educación, Deportes e Mocidade, Alberto Rivas, fixo entrega xunto co xurado dos premios aos gañadores do certame, que presentaron os seus relatos de forma anónima e firmados con seudónimo para garantir a transaparencia do mesmo.
O primeiro premio foi para o relato “Ata sempre, Jules” asinado por Sra. Bigotes e realizado por Helena García.
O segundo premio foi para o relato “Flor Amarilis” asinado por Froggy e realizado por Itxaso Illarramendi.
O terceiro premio foi para o relato “Luces Azuis” asinado por Pitán e realizado por Nicolás Calvo.
Parabenizar ás persoas gañadoras e animalas a seguir cultivando o talento literario en galego, de vital importancia para o futuro. Vémonos na próxima edición!