Una veciña do Monte de Porto sufre unha caída na rúa Carlos Maside sendo evacuada en ambulancia.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Sobre ás 11 horas da mañá, a veciña do Monte de Porto, María Allo Alvite, tropezou cunha tapa de madeira na beirarrúa na rúa Carlos Maside (intersección coa rúa San Lois) e foi trasladada con dor no brazo esquerdo ao Centro de Saúde nunha ambulancia.
A madeira estaba colocada para cubrir, provisoriamente, un oco aberto para a canalización do tendido eléctrico.
Por parte da Policía Local, se fixeron as xestións oportunas coa empresa responsable, a efectos de cubrir as responsabilidades que correspondan.

Categorías: Concello

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.