MARCHA DE CAIXANOVA-PONTECESURES «TITO» FERNANDEZ LOGO DE CASE 10 ANOS TRABALLANDO NESTA OFICINA BANCARIA
9 anos, 6 meses e 1 dia. Este vai ser o tempo de permanencia do lalinense «Tito» Fernández en Caixanova Pontecesures, xa que o vindeiro venres día 10 é o último día que vai pasar no seu posto de traballo connosco. Así, cando abandoe a oficina bancaria a eso das 14:30 h. dese día vai disfrutar das súas vacacións estivais, para posteriormente incorporarse ó seu próximo destiño en Caixanova – Silleda. O feito de que poida estar moito mais preto da súa casa fixo que aproveitara esta ocasión de trasladarse á súa zona de residencia.
Pediu expresamente que quere expresar o seu agradecemento por estes case 10 anos no noso pobo do trato e cariño que se lle dispensou por parte dos clientes e veciños. Asimesmo recoñece que se vai con pesar, pois para Tito traballar en Pontecesures «foi o seu mellor posto de traballo que tivera». Inda que prometeu seguir a actualidade do noso pobo e comarca, leendo a web pontecesures.net, da que é fiel seguidor.
Felicidades e sorte no teu novo posto.
0 comentarios