Danos en Pontecesures polas fortes choivas desta noite.
O Centro Social, situado no Camiño de San Xulián nº4, apareceu con bastante auga procedente do teito deste baixo (en riba hai unha terraza descuberta). Comunciouse a circunstancia á Comunidade de Propietarios co fin de que o seguro se faga cargo do custo dos arranxos.
Tamén entrou auga polo tellado do Centro de Saúde caendo pingueiras nos pasillos, aínda que as consultan estanse a desenvolver con toda normalidade.
Houbo asolagamento de pista que sae do Couto e de Carreiras, ata a rúa do Ensanche. Posiblemente hai un tubo de pluviais obstruido, estando a reparar os operarios municipais esta deficiencia
Tamén houbo problemas de augas na zona do Gorgullón en Porto pola mesma causa. Tamén se precisou a actuación dos operarios para liberar a tubaría de pedras e areas.
0 comentarios