O concello contratará a un conserxe e dous auxiliares administrativos.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

NOTA DO GOBERNO LOCAL DE PONTECESURES.

Con satisfacción recibimos a nova de que a Consellería de Traballo e Benestar Social concedeu ao Concello de Pontecesures unha subvención de 21.428,56 ? para contratar, a través dos Programas de Cooperación 2009, 3 desempregados durante 6 meses.

En concreto, o persoal a contratar é:

– 1 Conserxe para edificios municipais cunha retribución de 914,31 ? mensuais, segundo o convenio de oficinas e despachos.
– 2 Auxiliares Administrativos para a biblioteca municipal e para a Casa do Concello cunha retribución de 894,63 ?, segundo o convenio de oficinas e despachos.

No día de hoxe, vaise presentar a oferta na Oficina de Emprego de Vilagarcía de Arousa, onde se solicita que se envíen 4 aspirantes por praza, logo de facer, na oficina da Administración Autonómica, a preselección correspondente.

A elección definitiva dos 3 traballadores será realizada por un tribunal nomeado polo Concello.

Faise un chamamento ás persoas interesadas para que actualicen na Oficina de Emprego de Vilagarcía os datos persoais e profesionais co fin de optar a estas prazas.

Pontecesures, 12 de agosto de 2009.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.