Bea Porrúa, saca ao mercado o seu terceiro disco «Berce galego».
Logo de dous anos volcada no mundo da interpretación, a cesureña Bea Porrúa regresa á escena musical.
Faino cun novo traballo discográfico baixo o brazo, o terceiro, titulado «Berce galego» e co que ofrece ao seu público unha peregrinaxe pola música de autores galegos inesquecibles e escritores que foron xímbolo da nosa língua. ? a súa particular homenaxe á música tradicional e popular galega, esa que todo o mundo coñece e tararea; cancións coas que se indentifican distintas xeracións de galegos. Temas como «Anduriña», «Rías Baixas», «Unha noite na eira do trigo», «Lela» ou «Negra Sombra»´forman parte deste disco, co que Bea saca o mellor de si mesma, das súas raíces e do seu amor pola terra.
Dende a primeira semana de agosto «Berce Galego» pode atoparse xa nas áreas comerciais e nas tendas musicais. Este traballo marca certo punto de inflexión na traxectoria musical de Bea, que comezou coa súa participación en «Operación Triunfo» e continuou coa publicación de dos discos: «Fuego y miel» en 2004 e «Volver a empezar», en 2007.
¿A que se debe este cambio de estilo e a aposta completa pola música popular galega?
Foi algo que sempre quixen facer. De feito, xa no meu primeiro traballo incluín o tema «Miña terra», cuxos dereitos foron destinados integramente á Fundación Galicia Emigración. Xa entón comezou a xurdir a idea de seguir por ese camiño. No segundo disco gravei «Lela» e «Negra Sombra», dous dos meus temas favoritos. Nesta época tiven a oportunidade de viaxar a Cuba, e foi aprimeira vez que se cantou alí «Negra Sombra», que interpretei no teatro de La Habana. Ver aos emigrantes supuxoun sentimento moi especial para min.
Foi entón cando decidiu seguir con esa estela da música máis tradicional e arraigada na nosa terra…
Como o propio título do disco di, todas as cancións que están incluídas nel son cancións coas que me criei, coas que medrei, e quería reunilas todas nun mesmo traballo para darlle á xente a oportunidade de escoitalas todas xuntas, Seguramente haberá persoas que como súas algunhas destas cancións.
Hai temas como o caso de «Lela», que sempre formaron parte do seu repertorio, ¿provócalle un sentimento especial?.
Nacín con esa canción e é coa que máis podo amosar. Cando un sube a un escenario, sente unha canción e o dá todo, o público e quen de velo. Con «Lela» aflora todo e iso chega á xente.
Con vistas ao futuro, ¿gustaríalle seguir por esa liña máis popular ou regresar de novo a un estilo máis moderno?.
Neste momento teño claro que, se me xurdira a posibilidade de facer outro disco, seguiría coa música popular. Cando chegue a hora, non sei o que pensarei, pero hoxe en día estou convencida. Cando un canta unha canción que lle gusta, nótase, e moito, porque non é o mesmo que interpretar un tema porque si.
Acaba de titularse en Arte Dramática, ¿que lle tira máis a súa faceta de actriz ou a de cantante?.
Antes da música foi o teatro o que chegou á miña vida. Ou mellor dito, a música chegou co teatro. Acábome de titular en Arte Dramática e ese foi o motivo polo que estiven tan desvinculada da música nos dous últimos anos, porqu a miña prioridade era acabar a carreira.
E, tralo seu paso pola Escola de Arte Dramática de Galicia, colma esta disciplina as súas expectativas?.
O meu paso pola escola si foi o que me esperaba. O que sucede e que en Galicia hai todo un mundo por facer e conseguir no que se refire ás artes escénicas. Nós somos a primeira promoción que saímos desta escola e seremos os que teñamos que pjercorre parte dese camiño.
Hai un tempo xa tivo oportunidade de participar nun espectáculo teatral, a obra «Tarará Chis Pum», ¿ten algún outro proxecto en vistas?
Polo de agora estamos coa promición do disco «Berce galego». Para o ano si que teño proxectos teatrais, coma un musical, co que comezaremos arredor do mes de xaneiro.
Especial «Arousa, un mar de cultura». DIARIO DE AROUSA, 16/08/09
0 comentarios