A Plataforma “Salva o Tren”, presenta un traballo na Facultade de Filosofía da USC.
O Coordinador da Plataforma polo Tren de Proximidade en Galicia “SALVA O TREN” formada por varios colectivos anuncia a presentación oficial do traballo “Un século de abandono do ferrocarril en Galicia. Situación actual do servizo ferroviario no Eixo Atlántico” levado a cabo por expertos da plataforma. O acto será o venres día 4 de setembro de 2009, ás 18 horas, no Salón de Actos da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago situada na Praza de Mazarelos.
O traballo divídese nun prólogo, a presentación de variables, as estacións obxecto de estudo, a táboa comparativa con valoracións por estación, as conclusión e as reflexións.
Rematada a exposición, habera unha quenda de rogos e preguntas.
0 comentarios