Acta da selección da conserxe. Mª Luz Rodríguez Potel.
En Pontecesures, a 31 de agosto de 2009, sendo as 10 h., reunido na Casa do Concello de Pontecesures o órgano de selección para 1 posto de conserxe, formado pola Secretaria do Concello Dna. Trinidad Rodríguez Suárez que actuará de Presidenta, polo Administrativo do Concello D. Ricardo Campos Saborido que actuará de vogal, e polo Técnico de Emprego D. José Francisco Rodríguez Fructuoso, que actuará de vogal e secretario. Estivo presente durante o proceso selectivo en calidade de ointe D. Francisco Freiría Oliveira representante sindical dos traballadores do concello.
Estableceuse primeiramente unha ficha de datos persoais para cumprimentar con cada unha das aspirantes, así como a elaboración dun baremo, segundo os criterios de selección da Orde do 29 de decembro de 2008 que regula os Programas de Cooperación no 2009 da Consellería de Traballo. A continuación establecéronse as probas de coñecemento das rúas e lugares do Concello, de locais municipais, e funcións dun conserxe cas que os/as aspirantes van ter que demostrar os coñecementos que posuen.
Iniciado o acto chamase ós once aspirantes de conformidade coa oferta remitida polo Inem, presentándose: José Antonio Aboy Rodríguez, Marina Buceta Balado, Mª José Cajaraville Fontán, Mª Concepción Castro Ferro, Stella Maris Comparada Mosquera, Mª del Carmen Garabán Paz, Pablo Martínez Camoiras, Mª Virtudes Rey Lago, Silvia Ribadulla Guitian e Mª Luz Rodríguez Potel.
Renunciaron ó posto Marina Buceta Balado, Beatriz Lamas Blanco e Silvia Ribadulla Guitian..
Primeiramente ós/as oito candidatos/as cubren a ficha de datos persoais.
Posteriormente fixeron unha proba escrita consistente en demostrar: que locais municipais coñecía cada aspirante, que coñecementos das rúas de Pontecesures tiñan, indicando a que entidades de poboación pertenecian 9 rúas do concello, e por último as fyuncións que coñecian do posto de conserxe.
A puntuación total aplicado o baremo e realizada a proba escrita foi a seguinte:
– Mª Luz Rodríguez Potel……………………….. 4,00 puntos
– Mª José Cajaraville Fontán…………………… 3,50 puntos
– Mª Virtudes Rey Lago……………………. ….. 2,30 puntos
– Stella Maris Comparada Mosquera……….. 1,80 puntos.
– Mª del Carmen Garabán Paz………………… 1,80 puntos
– Mª Concepción Castro Ferro………………… 1,70 puntos.
– Pablo Martínez Camoiras…………………….. 1,70 puntos.
– José Antonio Aboy Rodríguez…………….. 0,80 puntos.
Tendo en conta o anteriormente exposto, resulta proposta por este órgano de selección para seres contratada : Mª Luz Rodríguez Potel.
De todo o cal exténdese a presente acta que en mostra da súa conformidade asinan os membros do tribunal.
0 comentarios