?ltima hora: O Valdeza/Bar Juan gaña o I Memorial Victoriano Trenco de fútbol 7.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Nesta mañá de choiva disputáronse as dúas semifinais no campo de fútbol Ramón Diéguez de Pontecesures cos seguintes resultados:

Sol y Mar 4, A Palmeira 1
Valdeza/Bar Juan 3, Bar Muelle 1.

De seguido disputouse a final, que gañou o Valdeza/Bar Juan ao Sol y Mar por 2-1.

Rematada a final deste memorial en lembranza de Victoriano Trenco, que foi organizado polo “Joyería Riveiro” de fútbol veterano e pola Asociación Cultural “A Estornela” de Pontecesures, a viúva de Victoriano, Josefa Diz, que asistiu á final coa compaña dunha filla, entregou o trofeo ao equipo gañador.
Antes, a organización do torneo agasallou aos familiares do que fora alcalde de Pontecesures cunha placa conmemorativa e un ramo de flores.
O equipo gañador, quixo que a viúva de Victoriano conservara o trofeo como lembranza do memorial e, entre unha forte ovación, entregou de novo o trofeo a Josefa Diz con ese fin.

Categorías: Deportes

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.