Rematada a instalación de alumeado público no Cemiterio de Condide.
NOTA DO GOBERNO LOCAL DE PONTECESURES.
No día de hoxe. rematou a obra de instalación do alumeado público no Cemiterio Municipal de Condide que foi realizada pola empresa Doselco Electricidade.
En concreto colocáronse sete farolas no recinto que son as que estaban na rúa Rosalía de Castro e que foran retiradas ao colocar un alumeado nesta rúa. Pintáronse e preparáronse por parte do persoal municipal antes de colocalas no camposanto cun tendido soterrado. Tamén se están a mellorar as portas de entrada ás distintas dependencias do cemiterio.
O alumeado facíase necesario e así o demandaban os veciños ao expoñer esta carencia.
O goberno local quere salientar que adopta sempre medidas para que o cemiterio estea nas mellores condicións posibles. Aínda hai pouco rematou a obra de colocación de novos nichos na zona ampliada con colocación tamén dun importante muro de contención.
Pontecesures 14/10/09
2 comentarios
Martin T. · 15-10-2009 a las 20:12
Falando de alumeado publico… que bonito se fai a rúa central con vento ¿verdade?
Tiroliro II · 16-10-2009 a las 18:06
Algun esta desexando que caia algunha bacenilla como decia o baliñas, pero o alumbrado quedou de puta madre, e jode, e o do cementerio? todavía jode mais, van ir os vellos o día de difuntos e van quedar ca boca aberta, con angueira o cementerio de condide sempre cheo de area, de merda, sin luz, poñendo as flores cas luces dos coches,…agora unha maravilla,