Construyen una rampa para cambiar de andén en la estación de tren cesureña.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

No día de hoxe remataron as obras de pavimentación da zona de praia da Estación de Ferrocarril de Pontecesures, cuxo custo foi afrontado integramente por ADIF logo de facer a correspondiente petición o concello. Tamén rematou a colocación dun pequeno valado para separar os terreos do administrador ferroviario dunhas fincas particulares de cultivo. Este terreo, adicado a carga e descarga ata hai pouco tempo, estaba nunhas condicións lamentables, e resulta moi positivo o arranxo para adicar, fundamentalmente, a aparcadoiro dos usuarios do tren.

Dende esta concellería realizáronse xestións co Servizo de Circulación de ADIF en Vigo e pódese asegurar que nos vindeiros días vanse limpar a fondo as vías auxilares da estación, os andéns e a zona de xardín.

Por outra banda, salientase que, tamén hoxe, persoal de ADIF construeu no andén principal unha rampla para que os viaxeiros poidan pasar ao andén 2º. Esta actuación para facilitar a mobilidade e para superar as barreiras arquitectónicas resulta fundamental. Ata agora, cambiar de andén na estación de Pontecesures entrañaba gran dificultade con riscos para as persoas (esbaróns, escalón moi alto, etc…).

Por parte desta concellería agradécese a disposición do administrador ferroviario a realizar estas melloras. Dende o concello queremos potenciar o uso do tren e defendemos o traxecto de cercanías ante a posta en marcha do TAV.

Pontecesures, 15/10/09

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro de relacións institucionais


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.