Encontro dos Axóuxeres en Valga.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Os bebés de Valga e as súas familias tiveron onte unha cita no Auditorio de Cordeiro co “Encontro de Axóuxeres”, unha festa infantil coa que a Secretaría Xeral de Política Lingüistica da Xunta busca promocionar o uso do galego dende idades temperás, a través dun espectáculo de palabras e música de corenta minutos de duración. A diversión e o entretemento estiveron garantizados no Auditorio.
Peixes, vermes e ata marcianos apareceron no Auditorio. Interactuaron con pequenos e con pais a través das palabras, da música e de diferentes xogos.
O protagonista de espectáculo foi Totó, un simpático boneco azul que empendeu unha viaxe na compaña de Eí para percorrer xuntos espazos coma da terra, o mar e incluso o sol. O obxectivo non é outro que atopar a Pope, un amigo de Totó.

DIARIO DE AROUSA, 25/10/09


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.