Tamén entrou auga na nave de obras de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Foi na noite do sábado para o domingo pasado. Ao estar os tubos da drenaxe da parte traseira obstruídos, entrou algunha auga na nave situada na rúa Pousa Antelo de Pontecesures.
A auga foi evacuada no día de hoxe, e non houbo danos aparentes, pero se veron afectados os labores que se realizan para preparar as carrozas da cabalgata de reis pois onte, practicamente, non se pudo taballar nese cometido. Nos vindeiros días laborais realizaranse traballos para garantir o correcto funcionamento da drenaxe da istalación.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.