Concedida unha subvención para seguir contando cun axente de emprego e desenvolvemento local.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Para seguir contando con este posto no concello, solicituouse unha subvención á Consellería de Traballo e Benestar ao abeiro da Orde de 31 de agosto de 2009 dentro do Programa Operativo «Fomento do Emprego».

Pois ben; no día de onte a xefa territorial da consellería en Vigo, Carmen Bianchi Valcarce, comunicounos a concesión dunha subvención de 21.562,90 euros que equivale ao 79,76% do custo laboral total deste traballador durante un ano incluida a cotización laboral á Seguridade Social.

Con satisfacción recibe a nova o goberno local, xa que a continuidade do axente de emprego e máis necesaria que nunca nestes tempos de incremento do número de desempregados e cando vai comezar un obradoiro de emprego que demanda unha atención preferente.

Pontecesures, 16/12/09
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro de relacións institucionais


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.