Improvisado concerto de acordeón onte en Carreiras.
Onte, 18 de decembro, na «Casa da Serrana» de Carreiras, edificio que está a ser arranxado por Salvador o da tenda, houbo unha cea veciñal á que asistiron unhas coarenta persoas que degustaron empanadas e churrasco. Amenizou a velada, co acordeón, Jaime Moreiras Besada, veciño de A Toxa, que interpretou un amplo repertorio de pezas tradicionais.
Jaime, que foi moitos anos garda municipal de Pontecesures, empleouse a fondo sen síntomas de cansancio (xa ten 81 anos de idade) rematando a festa cando xa pasaba das tres da madrugada. Foi moi aplaudido polos veciños que xa están a organizar unha homenaxe ao acordeonista para a primaveira próxima.
Dase a circunstancia que o pai de Jaime, Chico, que tamén era acordeonista, tocou no mesmo lugar nos seus anos mozos, cando os veciños de Carreiras e A Toxa se reunían alí para bailes e festas.
0 comentarios