Concerto de Nadal 2023 organizado pola Parroquia de Ponteceures.

O día 27 de decembro ás 20 horas na Igrexa Parroquial de Pontecesures terá lugar este concerto coa actuación do “Orfeón Voces Graves Arousa”.

Os socialistas cesureños molestos porque non se programou ningún acto para o Domingo do Carme.

Isto dicían o pasado domingo

“”Por si algún veciño ainda non se decatou, hoxe é o domingo do Carme en Pontecesures, o día grande das festas patronais da nosa vila. Resulta vergonzoso que o equipo de goberno non quixera, a pesar das restricións obrigadas pola situación, celebralo. Os veciños e veciñas de Cesures, os de agora e os que nos precederon, merecemos un respecto moito maior do que as autoridades locais nos prodigan.Botar unhas bombas, facer un pasarrúas, ou un concerto dunha banda de música, actividades que si se poderían ter programado (ou non se fixo un concerto para a inuaguración do novo parque?, traerían un pouco de alegría aos veciños e veciñas de Pontecesures, que ben o merecen.””

Socialistas de Pontecesures

ESTE VINDEIRO DOMINGO DIA 23 DE MAIO CONCERTO DE ROI CASAL

RECORDANSE AS MEDIDAS PARA ESTE CONCERTO:

Coa finalidade de garantir a maior seguridade fronte á Covid-19 para o público asistente ao concerto van tomarse as seguintes medidas:

• É obrigatorio o uso da máscara en todo momento, ademáis disporase de dispensadores de xel hidroalcólico e diversos puntos.

• Todo o público será sometido na entrada a un control de temperatura. Non se permitirá o acceso a quen presente febre por enriba dos 37,5ºC. e deberán indicar os seus datos persoais (nome e tfno móvil) para elaborar o preceptivo rexistro de asistentes a eventos públicos.

• A entrada e saída deberá facerse de xeito ordenado. Recoméndase acudir coa maior marxe de tempo que sexa posible.

• O público debe atender en todo momento ás indicacións realizadas polo personal de Vixilancia Municipal.

• O aforo do “Espazo Cara a Ría” será reducido para garantir a distancia de seguridade entre espectadores. O público deberá ocupar os asentos asignados.

Agradecer a toda a veciñanza o cumprimento estricto das medidas anteriormente expostas.

CONCERTO DE ROI CASAL O VINDEIRO DOMINGO 16 DE MAIO

ROI CASAL ACTUARÁ EN PONTECESURES O VINDEIRO DOMINGO 16 DE MAIO AS 12.30 H. NO ESPAZO “CARA A RIA” NO PEIRAO.