Onte, 18 de decembro, na “Casa da Serrana” de Carreiras, edificio que está a ser arranxado por Salvador o da tenda, houbo unha cea veciñal á que asistiron unhas coarenta persoas que degustaron empanadas e churrasco. Amenizou a velada, co acordeón, Jaime Moreiras Besada, veciño de A Toxa, que interpretou un amplo repertorio de pezas tradicionais.
Jaime, que foi moitos anos garda municipal de Pontecesures, empleouse a fondo sen síntomas de cansancio (xa ten 81 anos de idade) rematando a festa cando xa pasaba das tres da madrugada. Foi moi aplaudido polos veciños que xa están a organizar unha homenaxe ao acordeonista para a primaveira próxima.
Dase a circunstancia que o pai de Jaime, Chico, que tamén era acordeonista, tocou no mesmo lugar nos seus anos mozos, cando os veciños de Carreiras e A Toxa se reunían alí para bailes e festas.
O sábado, 19 de decembro, concerto no Taboga.
Ás 23:30 horas, actuará o grupo de O Grove “Telephones Rouges” (www.myspace.com/telephonesrouges).
DIARIO DE PONTEVEDRA, 16/12/09
Fuxan os Ventos, coa antiga directora do CPI Pontecesures, Carmen Vázquez na formación, presenta en Vigo “Terra de soños”.

O grupo folk volve aos escenarios vinte anos despois.
O tradicional Concerto de Nadal da Universidade contará este ano coa actuación de Fuxan os Ventos.
O grupo folk volve aos escenarios vinte anos despois, cando tamén cumpre dúas décadas de historia a Universidade de Vigo. Nesta volta ofrecerán o seu novo espectáculo Terra de soños, no que estarán acompañados de música de primeiro nivel como Xabier Díaz, Guardi Galego, Uxía, Rodrigo Romaní, Nova Galega de Danza ou Sabela.
O acto tendrá lugar no centro cultural de Caixanova de Vigo esta tarde a partir das oito e media.
LA VOZ E GALICIA, 16/12/09
O coro “A Barcarola”, participará no 44º Festival de Panxoliñas de Caixanova.
Celébrase este festival durante varios días na sala de concertos do Centro Cultural Caixanova de Vigo, situado na rúa Policarpo Sanz nº 13 da cidade olívica.
O coro da Asociación A Barcarola de Pontecesures, dirixido por Yolanda Eiras, actuará o sábado, 5 de decembro a partir das 12 de mañá xunto con outras nove formacións. Será o terceiro en aparecer no escenario para interpretar tres cancións: Canto de Berce, Un afiador en Belén e Un rosal agromou.
O dúo Louis Rouje estréase en escena no pub Taboga de Pontecesures.
Louis Rouje, formado por Lois e Pardal (Yoplay), ofrece o seu primeiro concerto o sábado, 28 de novembro, ás 23 horas no pub Taboga. A entrada é de balde.
Pontecesures réndese á “maldición dos ghusanitos”.
Pisando o traxe de faralaes e baixo unha chuvia de riffs guitarreiros e aplausos rematou, como non podía ser doutra maneira, e esperada actuación de Leo i Arremecághona no pub Taboga a noite do pasado sábado.
Había expectación na ribeira do Ulla por ver o novo espectáculo do cantautor punk que se separou de si mesmo, algo único no munod. ?s seguidores do de Matamá quedoulle claro por que non podían perder este concerto, mentres que os primeirizos nestas lides ficaron abraiados ante tal descarga de barullo guitareiro, fina ironía e “mala ostia agochada” nas súas letras, como o protagonista advertía antes.
Arribou en esures tras unha actuación en Compostela coa súa xira “Todos metidos nun bote tour” e quedou con todos no primeiro tema. Sombreiro negro (para algo era o Samaín), pantalón de cadros e botas Dr. Martens, ó máis puro estilo punk. “A neurona na patineta”. é o novo espectáculo do Leo, no que non faltaron clásicos de menos dun minuto (haikus punk) nos que montou o xa famoso Gusiluz (“que falso es, tes dúas caras”) ou versionou o “Somebody put something in my drink” dos Ramones´o máis puro estilo José Tojeiro (“botáronme drogha no colacao”).
Roupa de marca (gorra de Biona, chandal de Citroën) foi a que luciu o seu irmán xemelgo, En-Riquinho, para ofrecer os seus temas pop (“Te recuerdo Borja”) e outros míticos que nunca sairán nos 40 Principales antes de que o Leo de toda a vida se desatase no escenario a ritmo da “Maldición dos ghusanitos”.
DIARIO DE PONTEVEDRA, 04/11/09