Presentada unha alegación contra a ordenanza da taxa de telefonía móbil de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

No período de exposición pública da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local polas empresas explotadoras dos servizos de telefonía móbil, aprobada provisionalmete polo pleno o 13 de novembro de 2009, presentouse unha alegación de REDTEL (Asociación de Operadores de Telecomunicaciones).
A alegación vai ser tratada pola Comisión Informativa de Contas, Patrimonio e Contratación, nunha sesión que terá lugar o mércores día 23 de decembro ás 12:30 horas. Logo terase que reunir o pleno para acordar o procedente sobre a aprobación definitiva ou non da taxa.

Categorías: Concello

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.