Sae á rúa o boletín nº3 do BNG de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

O boletín, que está a ser distribuído nas vivendas de Pontecesures, consta de 4 páxinas e leva na portada a frase de Manuel María “O idioma é a chave coa que abrimos o mundo, o salouco máis feble o pensar máis profundo”.
No boletin aparecen reflectidos artigos que xa están neste medio e na prensa. son os seguintes:
-Esfúmase o comedor escolar.
-Encharcados polo bipartito.
-A Xunta anula un proxecto de 4 millóns de euros para a remodelación integral do peirao.
A rede wifi, prometida para finais de 2008, nin está operativa e nin cubrirá a maior parte do concello.
Crise, que crise?.

Na derradeira páxina aparece un artigo titulado “A contracapa” e que se titula “O nacionalismo reforza o veto da Xunta para que as caixas galegas non sexan absorbidas por nengunha entidade foránea”.

Como teléfonos para contactar co BNG de Pontecesures figuran o 629/222905 e o 671/575909.
Como correo electrónico: bngpontecesures@hotmail.com


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.