Ángel José Rodriguez gañou a Carreira de Pontecesures. Récord de participación.
Nunha tarde soleada e con récord de participación (correron 292 atletas de todas as idades) celebrouse hoxe a X Edición da Carreira Popular de Pontecesures. También houbo moito máis público que nas pasadas edicións.
Na categoría absoluta, o vencedor en homes foi Ángel José Rodríguez López de Santiago. Segundo foi Miguel Bieito Valenzuela de Negreira. Terceiro foi Manuel Márquez Martínez de Vigo
En mulleres, a gañadora foi Isabel Sáez Batallán de A Estrada. Segunda foi Guadalupe Lodeiro Núñez de Vilanova de Arousa. Terceira foi Mª José Grobas Garaboa de Ordes.
Foi premiado tamén como atleta máis veterano, José Neira Hermida de Rianxo (77 anos).
A entrega de premios tivo lugar no Centro Social de Pontecesures.
0 comentarios