Mañá 7 de xaneiro, Pontecesures honra ao seu patrón San Xulián.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

? festivo local no municipio e ademais das bombas da primeira hora da mañá, ás 11 horas comezarán os pasarrúas da charanga Os Celtas de Negreira.

Ás 12.30 terá lugar na Igrexa Parroquial de Pontecesures a Misa Solemne cantada polo Coro a Barcarola de Pontecesures. De seguido sairá o santo en procesión arredor do templo.

Sobre ás 13:30 horas os veciños están convidados polo párroco Arturo Lores Santamaría a un viño e un aperitivo que será servido na Plazuela, coa animación da charanga Os Celtas.

Xa pola tarde, as 19 horas, terá lugar na Igresia Parroquial o III Festival de Corais organizado polo Concello de Pontecesures, co patrocinio de Caixanova. Participan a Coral do Centro Sociocomunitario de Marín, a Coral Polifónica de Noia, a Coral Polífónica Padronesa e a Coral da Asociación “A Barcarola” de Pontecesures.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.