«En Galicia non se está a investir en infraestruturas científicas»
O científico padronés Xose R. Bustelo analiza a situación da ciencia en Galicia:
-Non se está a investir en novas infraestruturas científicas, en novos centros. Os grupos que son bos son os mesmos de sempre, pero non se aporta savia nova porque non existen grandes centros de investigación que sirvan de polo de atracción para atraer a nova xente.
-Pero si están previstos novos centros.
-¿Canto tempo se ven a falar, por exemplo, do Centro de Ciencias e Tecnoloxías da Vida? Fai cinco ou seis anos e aínda non se puxo a primeira pedra. Se non se fixeron cando había cartos, non sei agora. Ao final son trens que pasan, porque se non tes centros os rapaces de aquí tamén márchanse fóra e logo non volven. En España hai cada vez máis competitividade en ciencia e aquí estamos perdendo un tempo precioso.
-¿Falta visión estratéxica?
-A ciencia si debería ser estratéxica e de emerxencia nacional. O AVE non é o principal para o desenvolvemento dun país, senón o seu desenvolvemento científico.
LA VOZ DE GALICIA, 10/01/10
0 comentarios