Moción do BNG para ampliación da pista Grobas-Fenteira.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Dna. Margarita C. García Castro, Dna. Cecilia Tarela Barreiro, D. Manuel Luis Álvarez Angueira, D. Xosó Antonio Baliñas Pazos e D. Arturo Ferro González; membros da corporación e pertencentes ao BNG,

EXPO?EN:

Os núcleos de poboación de Grobas e Fenteira están unidos por un vial que os comunica entre sí. No obstante, este vial é de apenas 3,5 metros de ancho e ao longo do mesmo forma importantes estreitamentos contando, ademáis, con tres ou catro curvas moi pechadas en Fenteira. Estas características fan que na actualidade a pista só sexa apta para a circulación e tránsito de automóbiles pequenos e tractores, pero non podendo circular por ela nin camións nin autobuses.
Así os veciños de Grobas e Fenteira se atopan con situacións de deficiencias en servizos básicos que se deben corrixir.
O autobús escolar, tras a súa chegada escolar non pode continuar ata Fenteira polo estreitamento do vial e ten que dar a volta e retomar a estrada autonómica Pontecesures-Baloira, non podendo pois acceder directamente como sería o lóxico e desexable.
Esta misma circunstancia se da para o acceso de camións, para construccións ou para abastecementos en xeral, servizo de butano, bombeiros, etc…, non podendo chegar a Fenteira dende Grobas nin a Grobas dende Fenteira. Tamén xurden dificultades se se quere ofertar debidamente o servizo de recollida de lixo.
Ao noso entender, a mellora deste vial é importante e necesaria para ofertar unha maior calidade de vida e un mellor desenvolvemento socioeconómico dos veciños e veciñas destes núcleos de poboación do Concello de Pontecesures, polo que o concello debe establecer convenios coa administración autonómica (Consellería do Medio Rural) para que a través do PIM e/ou do PIR se acometa o ancheamento desta pista.

Por todo o exposto, solicitamos do Pleno da Corporación o seguinte acordo:
Que se destinen os fondos do PEIM 2010 e/ou do PIR 2010, complementándooos, se fose necesarios, con fondos propios, para o ancheamento do vial que une Grobas con Fenteira.

Pontecesures, a 15 de xaneiro de 2010


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.